Buscar neste blog

02 abril 2021

Predígocho eu: "o monzón" (capítulo 6)

 Bo día Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!!👋👨👩😀

                           Origen de los Monzones en el Hemisferio Norte – Nuestroclima

Neste novo capítulo do "Predígocho eu", Ánxela de 1ºESO D vainos explicar que é un monzón ⛆🌌🌊 e como e onde 🌏 ten lugar este fenómeno ... 


É ben curioso verdade? xa o coñeciades💭❓❓

Ata outro capítulo do "Predígocho eu"!!! 👋😉😊😎



30 marzo 2021

Predígocho eu: "a borrasca" (capítulo 5)

 Bos días Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!! 👋👧👦😃


Como predixo Mohammed, parece que volve a chuvia de novo ...😖🌂🌀 pois aquí está de novo  Celia de 1ºE, unha das grandes presentadoras do noso programa "Predígocho Eu" 😍💭para comentarnos que é unha borrasca. Agardemos que o sol🌞 volva prontiño ...




E vós, animádesvos a facer un vídeo para o predígocho eu??? 👍😜😇

Boa semana de vacacións a todos e a todas!!!👋👌🙋😊😎


24 marzo 2021

Predígocho eu: "o tempo desde o mércores 24 ..." (capítulo 4)

Boas noites Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!!😊😛🙋

Aquí vos deixo a predicción meteorolóxica feita por Mohammed de 1ESO D 😊👌🌝🌟🌞🌙





Tempo moi variado, non si? como credes que virá a Semana Santa? 😁😇


😜Comentade por aquí 😋😎


FotoRía 2

Boas tardes Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!!👻👀☺✌

Aquí vos deixo máis fotos fermosas e anticiclónicas 🌟🌞☉😜de "fotoRía". Fotógrafas: Nerea  de 1D e Uxía de 1E 

Uxía

Nerea

Sabedes desde onde sacaron as fotos as vosas compañeiras??? A ver se o sabedes ....😊😎


Ata a próxima Xunqueiriños e Xunqueiriñas 😄😃👋✌


23 marzo 2021

Día mundial da meteoroloxía (o mar e a atmosfera)

Bo día Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!!

Hoxe, día 23 de marzo, é o día mundial da meteoroloxía!!! 

O alumnado de primeiro da ESO da Xunqueira II fixo debuxos co tema "o mar e a atmosfera", sacou fotos da ría de Pontevedra (que poderedes ir vendo no blog ao longo destes días) e creou instrumentos meteorolóxicos con material reciclado.

Tedes a exposición ao lado da porta da cafetaría para botarlle unha ollada.

Ata a próxima!!!






 

19 marzo 2021

ArteRía 1 "Mar de fondo"

 Bo día festivo Xunqueiriños e Xunqueiriñas !!!👋👋😊

Aquí deixo un debuxo que fixo Lucía de 1ºC co mar de fondo🌊🌊 como protagonista.

Hoxe, o mar está calmo, pois seguimos baixo a influencia do anticiclón, pero ... credes que este fenónmeno se dá cando o tempo é anticiclónico?💧🌞

Comentade que vos suxire ou a onde vos traslada na vosa imaxinación o debuxo de Lucía ...😎😉💭💬


Desfrutade da ponte 😜, ata a próxima 👋👋😊😎😄


17 marzo 2021

FotoRía 1

FotoRía 

O día 23 é o día mundial da meteoroloxía e este ano o lema é "O océano, o clima e o tempo"

Unha das actividades que estamos a realizar en 1º da ESO é "FotoRía", na que o alumnado ten que sacar fotos da Ría de Pontevedra e describir un pouco o estado da atmosfera. Aquí van dúas de Juan Dapena Leclere, de 1ºE:


Ría de Pontevedra nunha tarde anticiclónica e solleira de marzo, ceo despexado e auga calma.




COMEZAMOS: CURSO 23-24

 Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...