Buscar neste blog

18 xaneiro 2022

O tempo desta semana :)

Ola Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!!👧👦🙋

Voltamos logo de moito tempo a crear contido no blog ... xa eran horas!!!! non si? 😌😊😎

Para comezar imos ver que tempo vai facer esta semana ...




Os ceos parece que van estar pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para as mínimas (fará fresquiño⛄😨, vide ben abrigados e abrigadas pola mañá) e altas para as máximas respecto ao habitual nesta época do ano (estará ben dar un paseíño despois de xantar, non si?😎😻🌅)

Para máis información, aquí vos queda o enlace á web de Meteogalicia:Meteogalicia Pontevedra


Ata a próxima!!!! 👋👩


Apertas atmosféricas 😇😍

21 maio 2021

Predígocho eu: "formación de nubes, tipos de nubes + experimento" (capítulos 13 e 14)

 Boas tardes Xunqueiriñ@s!! 👋👧👦

Nos novos capítulos do "Predígocho eu", Ánxela e Noa Gómez de 1ºD, explícannos como se forman as nubes mediante un experimento 😊⛅ que podedes realizar nas vosas casas con materiais moi fáciles de atopar e fálannos dos tipos de nubes que hai.



Aquí vos deixo os enlaces aos vídeos:

Teoría "Tipos de nubes"👇:

https://www.youtube.com/watch?v=yA4MWQsnvrM

Experimento caseiro "Creamos unha nube"👇:

https://www.youtube.com/watch?v=22RL5eLQiWQ&feature=youtu.be

Que ben quedou, non si?😋😀😍 atrevédesvos a facelo vós?

Ata a próxima Xunqueiriños e Xunqueiriñas 👋👋😎


18 maio 2021

Predígocho eu: "tormenta unicelular e de saraiba" (capítulo 12)

Boas tardes Xunqueiriñ@s!!! 👋👋👧👦

Hoxe Celia, de 1ºE, vainos explicar en que consisten a tormenta unicelular e a tormenta de saraiba😉😊.

Aquí vos deixo o enlace ao vídeo: 

👉https://www.youtube.com/watch?v=E3FKd48kYRI

Moi curioso, non si??



Ata a próxima 😎😄👏


12 maio 2021

Predígocho eu: "tormentas eléctricas" (capítulo 11)

 Boas tardes Xunqueiriñ@s!!!

Neste novo capítulo do "Predígocho eu" seguimos a falar das tormentas. Moha, de 1ºD, contaranos que son as tormentas eléctricas.

Aquí vos deixo o enlace ao vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=XtYUS2TWO-0

Moi interesantes, non si?😏😉😊

Ademais, Diego de 1ºE, mandounos esta foto dun día apracible do mes de maio😎🌞


Ata a próxima 👋👋👨👧


07 maio 2021

Predígocho eu: "Tipos de tormentas" + fotos tormentas (capítulo 10)

 Boas tardes Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!!

Aquí estamos con outra entrega do "Predígocho eu". Neste capítulo, Celia de 1ºE, explícanos novos detalles sobre as tormentas:


Ademais, Hernán, Lois e Noa de 1ºE enviaron estas fotos sobre as tormentas sacadas esta semana:


Foto de Noa en A Boca (Campañó)

                                                 Foto de  Lois en Barragana (Campañó)

                                                Foto de Hernán na plaza de Pasarón


Ata a próxima Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!! 👋👋👧👨


06 maio 2021

Predígocho eu: "Que son as tormentas?" (capítulo 9)

Boas tardes Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!!

No programa de hoxe do "Predígocho eu", Ánxela de 1ºD👧😊 vainos explicar que son as tormentas🌀⛆ e algunha que outra curiosidade sobre elas...

Aquí vos deixo o enlace ao capítulo: 

https://www.youtube.com/watch?v=yl2cX1UdqTQ

Que curiosas 😯, perigosas 😖😱e á vez fermosas😍😻 son, non si?

E a ti, gústanche as tormentas? que sentimento che espertan? 😐😁😡😍

Ata a próxima entrada do blog!! 👄👋👦👧🙋😋


05 maio 2021

E se falamos das tormentas?

Boas tardes Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!! 👋👦👧✌

En 1º da ESO propuxémonos investigar sobre as tormentas ⛈🌂que tanto nos "atormentan" na nosa Galicia, e boa mostra delo son as fotos e os debuxos que estamos a facer sobre elas ... 

Foto: Campo Lameiro antes da tormenta (Celia 1ºE)




Debuxo: A tormenta  (Lucía 1ºC) 

Que curioso é este fenómeno, non si? seguiremos investigando sobre elas e, a ver se alguén é quen de darnos unha explicación da súa formación.

Saudiños e ata a próxima 😉😊👋


COMEZAMOS: CURSO 23-24

 Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...