Buscar neste blog

06 febreiro 2022

xeadas 5

Boas tardes de domingo💁😎😚!!!

Nico e Marta García de 1ºA envíannos máis fotos de xeadas. As tres últimas, foron sacadas ás 8 da mañá na Illa das Esculturas😍:







Un saudiño e ata a próxima!!!


31 xaneiro 2022

Xeadas 4

 Bos días!!!😊👋

Son Noa Rey Oubiña, de 1ºA, aquí vos deixo unhas fotiños que saquei das xeadas. Agardo que vos gusten!!!😍😎


Un saúdo e ata outra!!😘👧👋

28 xaneiro 2022

Xeadas 3

 Boas tardes Xunqueiriñas e Xunqueiriños!!!!👩👋😊

O meu nome é Marta Rodríguez, de 1ºA da ESO, e aquí vos deixo as miñas fotos das xeadas😜😏!!!

Espero que vos gusten😍: 





Un saúdo e ata a próxima!!!👋👧😋





27 xaneiro 2022

Xeadas 2

Boas tardes Xunqueiriñas e Xunqueiriños!!👋👧

O meu nome é Naira, de 1ºD, e aquí vos explico os diferentes tipos de xeadas😎 que existen segundo a súa orixe e os tipos que podemos distinguir visualmente👀





Agardo que vos gustara o meu post! 😘👌

Unha aperta e ata a próxima!!!

23 xaneiro 2022

Xeadas 1

Boas tardes Xunqueiriñas e Xunqueiriños !!! 👋👧👦


Rematamos a semana como a comezamos ... con xeadas 😨  ... 
Aquí vos deixo unhas fotos da mañá de hoxe, en Cuntis, onde a cadeliña exploradora Lexa atopou diferentes sitios xeados 🌿🐶⛄




Anímovos a enviarnos algunha foto deste fenómeno meteorolóxico: a xeada😍

Ata a próxima!!!


Apertas atmosféricas 👩😋😎🙋😵





18 xaneiro 2022

O tempo desta semana :)

Ola Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!!👧👦🙋

Voltamos logo de moito tempo a crear contido no blog ... xa eran horas!!!! non si? 😌😊😎

Para comezar imos ver que tempo vai facer esta semana ...




Os ceos parece que van estar pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para as mínimas (fará fresquiño⛄😨, vide ben abrigados e abrigadas pola mañá) e altas para as máximas respecto ao habitual nesta época do ano (estará ben dar un paseíño despois de xantar, non si?😎😻🌅)

Para máis información, aquí vos queda o enlace á web de Meteogalicia:Meteogalicia Pontevedra


Ata a próxima!!!! 👋👩


Apertas atmosféricas 😇😍

21 maio 2021

Predígocho eu: "formación de nubes, tipos de nubes + experimento" (capítulos 13 e 14)

 Boas tardes Xunqueiriñ@s!! 👋👧👦

Nos novos capítulos do "Predígocho eu", Ánxela e Noa Gómez de 1ºD, explícannos como se forman as nubes mediante un experimento 😊⛅ que podedes realizar nas vosas casas con materiais moi fáciles de atopar e fálannos dos tipos de nubes que hai.



Aquí vos deixo os enlaces aos vídeos:

Teoría "Tipos de nubes"👇:

https://www.youtube.com/watch?v=yA4MWQsnvrM

Experimento caseiro "Creamos unha nube"👇:

https://www.youtube.com/watch?v=22RL5eLQiWQ&feature=youtu.be

Que ben quedou, non si?😋😀😍 atrevédesvos a facelo vós?

Ata a próxima Xunqueiriños e Xunqueiriñas 👋👋😎


COMEZAMOS: CURSO 23-24

 Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...