Unha foto e unha reflexión moi interesante sobre as Xeadas da man de Diego Rey de 2ºD
Este blog está destinado ao estudo e a análise do tempo meteorolóxico por parte do alumnado do IES A Xunqueira II
Buscar neste blog
25 febreiro 2022
07 febreiro 2022
Xeadas 7
AS XEADAS
Que son? A xeada é un fenómeno que consiste no descenso inesperado da temperatura ambiente a niveis inferiores a 0ºC e fai que a auga que está no aire se conxele,depositándose en forma de xeo nas superficies. Por que ocorren? Por dúas razóns: 1. Pola ausencia de nubes. 2. Porque a humidade que hai sobre a superficie do chan condénsase e conxélase co frío. Cando xea, aparece a escarcha.
Castrocaldelas, Ourense, 9:00 a.m.
REFRÁNS SOBRE AS XEADAS (2)
“Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis”
En Estados Unidos teñen a tradición do día da marmota (2 de febreiro) para predicir se a primavera chegará axiña ou se o inverno se vai prolongar. En Galicia temos o dito: “Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis” que ven a dicir o mesmo, se na mañá de San Blas (3 de febreiro) hai xeada, quedarán aínda 20 días máis de frío.
“A curuxa de madrugada, vento ou xeada”
Cando escoitamos cantar a curuxa de noite quere dicir que haberá vento ou xeada, precisamente porque esta ave nocturna sae nas noites frías e despexadas, que son as propicias para que ocorran xeadas.
Ánxela Mayo Gago, 2º ESO C.
Xeadas 6
06 febreiro 2022
xeadas 5
Boas tardes de domingo💁😎😚!!!
Nico e Marta García de 1ºA envíannos máis fotos de xeadas. As tres últimas, foron sacadas ás 8 da mañá na Illa das Esculturas😍:
COMEZAMOS: CURSO 23-24
Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...
-
Ola a todos e a todas!!! 👩👨👧👦👋👋 Estreamos este blog traballando a conexión entre o tempo e a tradición 😍 . Un refrán ... un refrán ....
-
E para rematar o día de hoxe, imos co capítulo 2 do "Predígocho eu" ✌😊😎. Juan Dapena , de 1ºE, vainos explicar alguns aspectos ...
-
FotoRía O día 23 é o día mundial da meteoroloxía e este ano o lema é "O océano, o clima e o tempo" . Unha das actividades que e...