Buscar neste blog

01 marzo 2021

Enquisa tempo e estado de ánimo :)


Boas de novo Xunqueiriños e Xunqueiriñas 😍💦🙋,



Aquí vos propoñemos a seguinte enquisa: "O tempo e o estado de ánimo". Só vos pedimos que sexades sinceros e sinceras coas vosas respostas e poderemos coñecer se o tempo que vai inflúe ou non no voso estado de ánimo. 

Enquisa: "O tempo e o estado de ánimo" 😀👌

Saudiños😜🙆,

Estación Xunqueirolóxica.

Predición Xunqueirolóxica ( do 1 ao 4 de marzo)

 

 "Marzo marceador, de noite chove🌂⛆ e de día fai sol 🌝☀..."

                                                                                    

Ola de novo Xunqueiriñas e Xunqueiriños ...

Logo de semanas sen publicar, aquí voltamos ... agardamos que nas próxima semanas se estree o apartado "Predígocho eu"💧🌗⛄⛅🌂, no que o noso alumnado subirá vídeos nos que nos informarán da formación de distintos fenómenos meteorolóxicos, apuntarán diferentes xeitos de denominar conceptos meteorolóxicos e, mesmo correxirán palabras que soemos usar e que non pertencen ao galego ... a ver con que nos sorprenden! imos aprender moito, iso seguro!😊👏😜😍

Aquí vos deixo a información meteorolóxica a curto prazo desta semana:



Para vela mellor e completar os datos da semana, aquí vos deixo o enlace de Meteogalicia:

https://www.meteogalicia.gal/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action?request_locale=gl


Desfrutade da semana Xunqueiriños e Xunqueiriñas 😉😊😎👌


01 febreiro 2021

Predición Xunqueirolóxica (do 1 ao 4 de febreiro)

 "Abrígate en febreiro, con dúas capas e un sombreiro"👒🌌☔


Boas de novo Xunqueiriños e Xunqueiriñas !!!👦👧👨👩✌

Comeza o segundo mes deste 2021 ... febreiro! e esta é a predición para esta semana:



Ceos moi anubrados ☁ en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros⛅. 
Agárdanse precipitacións o luns, o martes e o mércores💧🌂☔. 
As temperaturas serán moi altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas sen cambios. Vento forte do Sur o martes pola tarde 🌀.
En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais 😍😌.
(Fonte: Meteogalicia)

web para máis información : 


Ata a semana que vén 😊😋😏👋👋

26 xaneiro 2021

Predición Xunqueiroloxica (do 26 ao 29 de Xaneiro)

 Boas tardes Xunqueiriños e Xunqueiriñas!✌👩👦😜

Aquí vos deixamos a previsión meteorolóxica para esta semana 💧💧💧😞. 


Non esquezades traer ao "insti" o paraugas🚶☔🌂 e as botas de auga pois, como vedes, agárdanse precipitacións para toda a semana. Ademais, moito ollo con mollar as máscaras 👀👀, pois poden perder efectividade!!

Sorprenderanos algún raíño de Sol?  ogallá que si 😍😎!!

Déixovos o enlace aos datos de MeteoGalicia para Pontevedra:

https://www.meteogalicia.gal/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action?idZona=36038

Ata a próxima 👋👋, moita saúde 👌😊!!!


23 xaneiro 2021

O tempo e os refráns

Ola a todos e a todas!!! 👩👨👧👦👋👋

Estreamos este blog traballando a conexión entre o tempo e a tradición 😍.

Un refrán ... un refrán ... que é isto?👀👀 Pois de seguro que os tedes usado mesmo sen darvos conta! Pode dicirse que é: "un dito popular, sentencioso e breve, de verdade comprobada, xeralmente simbólico e exposto en forma poética, que conté unha regra, unha conduta ou outra ensinanza".

Quen non escoitou algunha vez un refrán sobre o tempo? ☔🌍🌝🌅 seguro que case todos e todas vós escoitastes algún nalgún momento! Pois iso ... do que se trata é de que lle preguntedes (se non lembrades vós ningún) aos vosos e ás vosas maiores 👴👵 algún dito popular sobre o tempo e o subades, xunto co seu significado, ao blogue "Estación Xunqueirolóxica😊".


Apertas virtuais e moita saúde!! 👋👌🙋😜            

COMEZAMOS: CURSO 23-24

 Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...