Buscar neste blog

19 marzo 2021

ArteRía 1 "Mar de fondo"

 Bo día festivo Xunqueiriños e Xunqueiriñas !!!👋👋😊

Aquí deixo un debuxo que fixo Lucía de 1ºC co mar de fondo🌊🌊 como protagonista.

Hoxe, o mar está calmo, pois seguimos baixo a influencia do anticiclón, pero ... credes que este fenónmeno se dá cando o tempo é anticiclónico?💧🌞

Comentade que vos suxire ou a onde vos traslada na vosa imaxinación o debuxo de Lucía ...😎😉💭💬


Desfrutade da ponte 😜, ata a próxima 👋👋😊😎😄


17 marzo 2021

FotoRía 1

FotoRía 

O día 23 é o día mundial da meteoroloxía e este ano o lema é "O océano, o clima e o tempo"

Unha das actividades que estamos a realizar en 1º da ESO é "FotoRía", na que o alumnado ten que sacar fotos da Ría de Pontevedra e describir un pouco o estado da atmosfera. Aquí van dúas de Juan Dapena Leclere, de 1ºE:


Ría de Pontevedra nunha tarde anticiclónica e solleira de marzo, ceo despexado e auga calma.




Predígocho eu: "O anticiclón" (capítulo 3)

Boas tardes Xunqueiriños e Xunqueiriñas ✌😄

Aproveitando este día solleiro e apracible🌞, a compañeira Celia Barrio, de 1ºE, vainos explicar que é iso ao que chamamos anticiclón e que é o efecto Coriolis 🌌🌍


É unha chulada todo o que ocorre na atmosfera non si?😎😋😜

E ti, anímaste a contarnos algo que saibas sobre meteoroloxía? 

Ata outro capítulo do Predígocho eu!!! 🙋😊👋


15 marzo 2021

Predígocho eu: "A chuvia" (capítulo 2)

 E para rematar o día de hoxe, imos co capítulo 2 do "Predígocho eu"✌😊😎.

Juan Dapena, de 1ºE, vainos explicar alguns aspectos sobre a chuvia 🌂☔⛆:




Que interesante!!! non si???😎😎💧👀
Ata a próxima Xunqueiriños e Xunqueiriñas 👌👋😊



Tempo para esta semana 🤗👋🌞

Ola son Juan Dapena Leclere e vou presentar o tempo desta semana ☺☝

Esta semana o luns vai facer un pouco de vento pola tarde pero en xeral bastante calmadiño o día.

O martes será un día solleiro pola mañá, tarde e noite.

O mércores máis do mesmo, moi soleado.

☺👤

Moitas grazas por ler este parte meteoróloxico e espero que o pasedes ben nestes días soleados 👦😉😋


Saudiños 

🌟🌞

Predígocho eu: "O arco da vella" (capítulo 1)

Primeiro capítulo do "Predígocho eu"!!! 🌈🌈

Hoxe, Celia de 1ºE, vainos explicar como se forma o arco da vella :)





01 marzo 2021

Enquisa tempo e estado de ánimo :)


Boas de novo Xunqueiriños e Xunqueiriñas 😍💦🙋,



Aquí vos propoñemos a seguinte enquisa: "O tempo e o estado de ánimo". Só vos pedimos que sexades sinceros e sinceras coas vosas respostas e poderemos coñecer se o tempo que vai inflúe ou non no voso estado de ánimo. 

Enquisa: "O tempo e o estado de ánimo" 😀👌

Saudiños😜🙆,

Estación Xunqueirolóxica.

COMEZAMOS: CURSO 23-24

 Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...