Este blog está destinado ao estudo e a análise do tempo meteorolóxico por parte do alumnado do IES A Xunqueira II
Buscar neste blog
07 febreiro 2022
Xeadas 7
AS XEADAS
Que son? A xeada é un fenómeno que consiste no descenso inesperado da temperatura ambiente a niveis inferiores a 0ºC e fai que a auga que está no aire se conxele,depositándose en forma de xeo nas superficies. Por que ocorren? Por dúas razóns: 1. Pola ausencia de nubes. 2. Porque a humidade que hai sobre a superficie do chan condénsase e conxélase co frío. Cando xea, aparece a escarcha.
Castrocaldelas, Ourense, 9:00 a.m.
REFRÁNS SOBRE AS XEADAS (2)
“Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis”
En Estados Unidos teñen a tradición do día da marmota (2 de febreiro) para predicir se a primavera chegará axiña ou se o inverno se vai prolongar. En Galicia temos o dito: “Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis” que ven a dicir o mesmo, se na mañá de San Blas (3 de febreiro) hai xeada, quedarán aínda 20 días máis de frío.
“A curuxa de madrugada, vento ou xeada”
Cando escoitamos cantar a curuxa de noite quere dicir que haberá vento ou xeada, precisamente porque esta ave nocturna sae nas noites frías e despexadas, que son as propicias para que ocorran xeadas.
Ánxela Mayo Gago, 2º ESO C.
Xeadas 6
06 febreiro 2022
xeadas 5
Boas tardes de domingo💁😎😚!!!
Nico e Marta García de 1ºA envíannos máis fotos de xeadas. As tres últimas, foron sacadas ás 8 da mañá na Illa das Esculturas😍:
31 xaneiro 2022
Xeadas 4
Bos días!!!😊👋
Son Noa Rey Oubiña, de 1ºA, aquí vos deixo unhas fotiños que saquei das xeadas. Agardo que vos gusten!!!😍😎
Un saúdo e ata outra!!😘👧👋
28 xaneiro 2022
Xeadas 3
Boas tardes Xunqueiriñas e Xunqueiriños!!!!👩👋😊
O meu nome é Marta Rodríguez, de 1ºA da ESO, e aquí vos deixo as miñas fotos das xeadas😜😏!!!
Espero que vos gusten😍:
27 xaneiro 2022
Xeadas 2
Boas tardes Xunqueiriñas e Xunqueiriños!!👋👧
O meu nome é Naira, de 1ºD, e aquí vos explico os diferentes tipos de xeadas😎 que existen segundo a súa orixe e os tipos que podemos distinguir visualmente👀:
COMEZAMOS: CURSO 23-24
Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...
-
Gracias ós alumnos Antonio Lino e Anxo Rey de 2º C por introducirnos ó mundo das treboadas: E por deixarnos máis claro como funcionan os par...
-
Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...
-
O curso 2º D tamén fai as súas aportacións sobre as treboadas, gracias a Lucas Calvo, Marta Castro, María García, Íker Santiso, Jaime Boal, ...