E por hoxe, rematamos xa con máis imaxes da xeada esta vez elaboradas por Lorena García de 2ºD
Este blog está destinado ao estudo e a análise do tempo meteorolóxico por parte do alumnado do IES A Xunqueira II
Buscar neste blog
07 febreiro 2022
Xeadas 7
AS XEADAS
Que son? A xeada é un fenómeno que consiste no descenso inesperado da temperatura ambiente a niveis inferiores a 0ºC e fai que a auga que está no aire se conxele,depositándose en forma de xeo nas superficies. Por que ocorren? Por dúas razóns: 1. Pola ausencia de nubes. 2. Porque a humidade que hai sobre a superficie do chan condénsase e conxélase co frío. Cando xea, aparece a escarcha.
Castrocaldelas, Ourense, 9:00 a.m.
REFRÁNS SOBRE AS XEADAS (2)
“Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis”
En Estados Unidos teñen a tradición do día da marmota (2 de febreiro) para predicir se a primavera chegará axiña ou se o inverno se vai prolongar. En Galicia temos o dito: “Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis” que ven a dicir o mesmo, se na mañá de San Blas (3 de febreiro) hai xeada, quedarán aínda 20 días máis de frío.
“A curuxa de madrugada, vento ou xeada”
Cando escoitamos cantar a curuxa de noite quere dicir que haberá vento ou xeada, precisamente porque esta ave nocturna sae nas noites frías e despexadas, que son as propicias para que ocorran xeadas.
Ánxela Mayo Gago, 2º ESO C.
Xeadas 6
06 febreiro 2022
xeadas 5
Boas tardes de domingo💁😎😚!!!
Nico e Marta García de 1ºA envíannos máis fotos de xeadas. As tres últimas, foron sacadas ás 8 da mañá na Illa das Esculturas😍:
AS XEADAS DE 2ºD - CURSO 22 - 23
Despois de ter o blog algo esquecido durante un tempo, retomamos o tema das XEADAS cos traballos realizados polo alumnado de 2º ESO D, graci...

-
Bo día Xunqueiriños e Xunqueiriñas!!! Hoxe, día 23 de marzo, é o día mundial da meteoroloxía !!! O alumnado de primeiro da ESO da Xunqueira...
-
Primeiro capítulo do "Predígocho eu"!!! 🌈🌈 Hoxe, Celia de 1ºE, vainos explicar como se forma o arco da vella :)
-
Boas tardes Xunqueiriños e Xunqueiriñas ✌😄 Aproveitando este día solleiro e apracible 🌞, a compañeira Celia Barrio , de 1ºE, vainos expli...