Buscar neste blog

01 febreiro 2021

Predición Xunqueirolóxica (do 1 ao 4 de febreiro)

 "Abrígate en febreiro, con dúas capas e un sombreiro"👒🌌☔


Boas de novo Xunqueiriños e Xunqueiriñas !!!👦👧👨👩✌

Comeza o segundo mes deste 2021 ... febreiro! e esta é a predición para esta semana:



Ceos moi anubrados ☁ en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros⛅. 
Agárdanse precipitacións o luns, o martes e o mércores💧🌂☔. 
As temperaturas serán moi altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas sen cambios. Vento forte do Sur o martes pola tarde 🌀.
En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais 😍😌.
(Fonte: Meteogalicia)

web para máis información : 


Ata a semana que vén 😊😋😏👋👋

Predígocho eu: "formación de nubes, tipos de nubes + experimento" (capítulos 13 e 14)

 Boas tardes Xunqueiriñ@s!! 👋👧👦 Nos novos capítulos do "Predígocho eu" , Ánxela e Noa Gómez de 1ºD , explícannos como se forman...