Buscar neste blog

07 febreiro 2022

Xedadas 8

Xeadas 7

AS XEADAS 

Que son? A xeada é un fenómeno que consiste no descenso inesperado da temperatura ambiente a niveis inferiores a 0ºC e fai que a auga que está no aire se conxele,depositándose en forma de xeo nas superficies. Por que ocorren? Por dúas razóns: 1. Pola ausencia de nubes. 2. Porque a humidade que hai sobre a superficie do chan condénsase e conxélase co frío. Cando xea, aparece a escarcha.

                                    Castrocaldelas, Ourense, 9:00 a.m.  

 

REFRÁNS SOBRE AS XEADAS (2) 

 “Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis” 

En Estados Unidos teñen a tradición do día da marmota (2 de febreiro) para predicir se a primavera chegará axiña ou se o inverno se vai prolongar. En Galicia temos o dito: “Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis” que ven a dicir o mesmo, se na mañá de San Blas (3 de febreiro) hai xeada, quedarán aínda 20 días máis de frío.  

 

“A curuxa de madrugada, vento ou xeada” 

Cando escoitamos cantar a curuxa de noite quere dicir que haberá vento ou xeada, precisamente porque esta ave nocturna sae nas noites frías e despexadas, que son as propicias para que ocorran xeadas. 

Ánxela Mayo Gago, 2º ESO C.

Xeadas 6

Aquí vos deixo unha fotos realizadas polas alumnas de 2º de ESO C Navia, África e María:
A seguinte foto foi realizada nas Marismas de Alba
Esta foi feita na carretera de Chamadoira
esta é das Nogais en Lugo
e esta outra das Marismas de Alba

06 febreiro 2022

xeadas 5

Boas tardes de domingo💁😎😚!!!

Nico e Marta García de 1ºA envíannos máis fotos de xeadas. As tres últimas, foron sacadas ás 8 da mañá na Illa das Esculturas😍:







Un saudiño e ata a próxima!!!


31 xaneiro 2022

Xeadas 4

 Bos días!!!😊👋

Son Noa Rey Oubiña, de 1ºA, aquí vos deixo unhas fotiños que saquei das xeadas. Agardo que vos gusten!!!😍😎


Un saúdo e ata outra!!😘👧👋

28 xaneiro 2022

Xeadas 3

 Boas tardes Xunqueiriñas e Xunqueiriños!!!!👩👋😊

O meu nome é Marta Rodríguez, de 1ºA da ESO, e aquí vos deixo as miñas fotos das xeadas😜😏!!!

Espero que vos gusten😍: 





Un saúdo e ata a próxima!!!👋👧😋





27 xaneiro 2022

Xeadas 2

Boas tardes Xunqueiriñas e Xunqueiriños!!👋👧

O meu nome é Naira, de 1ºD, e aquí vos explico os diferentes tipos de xeadas😎 que existen segundo a súa orixe e os tipos que podemos distinguir visualmente👀





Agardo que vos gustara o meu post! 😘👌

Unha aperta e ata a próxima!!!

COMEZAMOS: CURSO 23-24

 Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...