Buscar neste blog

27 setembro 2023

COMEZAMOS: CURSO 23-24

 Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de datos da nosa estación meteorolóxica!, xa temos todo listo para comezar :):





30 xuño 2023

Máis léxico climático en diferentes idiomas

Na materia de Lingua Galega e Literatura traballouse en diferentes sesións durante os tres trimestres con termos relacionados coa metereoloxía e a atmosfera. No 1.º Trimestre amosouse a importancia da climatoloxía en todas as culturas e linguas, particularmente na nosa. Traballamos coa unidade 9 do manual “Para dar trela” titulada “Tempo metereolóxico”. En varias sesións viron coplas, refráns, adiviñas ou listaxes de fraseoloxismos (ir sol, sarabiar, nevar/neviscar, escampar, ir frío, chover pouco...).  Tamén puideron observar a influencia destes fraseoloxismos sobre o tempo noutros campos semánticos como dos recipientes (chover a cuncas, chover a cántaros, chover a caldeiros...) ou nos denominados refráns (“Polo abril, augas mil...”, “Xuño, mes de San Xoán días longos e verán....”)

 

A rapazada de 2.º da ESO puido comprobar de primeira man como o tempo metereolóxico forma parte das múltiples temáticas e xéneros literarios. A influencia que exerceu e exerce en todos os escritores e autores de todas as literaturas. Entre outros observamos como o tópico da auga e da choiva está presente na gran maioría da poesía intimista e concretamente na paisaxística. (O tópico da auga está presente en toda a obra de Rosalía de Castro: a bravura do mar, os ríos, o Sar, o Sarela, as fontes, os manatiais... Tamén as estacións, o tempo e, por suposto, a choiva como elemento significativo da paisaxe galega.

 

Mais adiante observaron como a fraseoloxía está presente no seu día a día. Realizaron pesquisas entre os seus familiares (avós, tíos...) para coñecer que proverbios están en uso e cales non. Usaron manuais sobre fraseoloxía pendurados na rede e investigaron sobre o labor do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.

 

No 2.º trimestre ao mesmo tempo que se explicaban os bloques lingüísticos da Lingua Galega afondouse nas variantes dialectais e no léxico de cada zona e, con elas, puidemos comprobar os múltiples termos para referirnos aos fenómenos como a choiva e a neve, tan presentes na nosa comunidade. Tamén puidemos facer comparativas coa Lingua Inglesa e coas Literaturas Nórdicas para que eles descubrisen coas expresións como está presente a metereoloxía nas nosas vidas.

(Exemplo da explicación de: “It’s raining cats and dogs”).

 

No 3.º trimestre debatemos sobre a influencia da meteoroloxía na nosa saúde física e mental, nos hábitos e rutinas, no desenvolvemento laboral ou en como organizamos a nosa vida en xeral.

 

Aproveitando que en Lingua Galega xa comentaramos todas as influencias da climatoloxía na cultura e na vida fixeron labor de investigación nas cancións en Lingua Inglesa.

Cada semana tiñan que pesquisar cancións que contivesen fenómenos atmosféricos, descubrindo que é moi común e que coñecían moitos dos temas que xurdiron.

 

Exemplos: It's Raining Again”(Supertramp“Fire and the Flood”, (Vance Joy), Hurricane Betsy

(Lightnin' Hopkins), “Rain” (The Beatles), “Here Comes the Sun” (The Beatles) , “Riders on the Storm” (The Doors), “Hail, Hail” (Pearl Jam), “Blizzard” (Daichi Miura), “The Flood” (Take That), “Thunder” (Imagine Dragons), “Tsunami” (Katy Perry), “Earthquake” (Labrinth). “Lava” (James Ford Murphy),  “Famine” (Opeth), “Squall” (Limited Sazabys), “Typhoon” (Give Me Summer, Pt. 2) , “Avalanche” (James Arthur),  “KALEO” (Skinny), “Wind of Change” (Scorpions), “Seaquake” (Stauros),“Waves” (Dean Lewis), “Tornado” (Big Little Town)

 

 

Con isto ampliouse o léxico, traballaron os tempos verbais, coñeceron novas formas de describir reforzaron algúns temas como a contaminación e o medio ambiente. A súa vez, establecementos comparativas entre as ciencias, as artes, a literatura e a música.

Cantata antichuvia

En 2º da ESO, na materia de música, montamos a “Cantata galega da antichoiva” tema  para voz, percusión corporal (choiva), ukelele (máis choiva) e melódica.  É unha cantata que reflicte o fastío pola pluviosidade copiosa “característica” da climatoloxía galega pre-catástrofe climática.

Na imaxe, un fragmento da partitura e a letra completa.





LETRA

Canta choiva!

Non queremos tanta..

Moita auga!

Vainos afogar..

Cae a chuzos,

chove a mares.

Fanse ríos,

Enchen vales..

Basta choiva!

Xa está!

Traballando o léxico climático en Inglés

 

 


En 1º da ESO aprendemos a nomear en inglés os distintos conceptos vencellados á meteoroloxía...

DRY (seco) FOG (néboa) ICE (xeo)......


13 xuño 2023

AS TREBOADAS - 2º D - CURSO 22 - 23

O curso 2º D tamén fai as súas aportacións sobre as treboadas, gracias a Lucas Calvo, Marta Castro, María García, Íker Santiso, Jaime Boal, Nuno Martínez e Tomás Rodríguez por deixarnos un pouquiño máis claro como funcionan: 







 

AS TREBOADAS POR 2º C - CURSO 22 - 23

Gracias ós alumnos Antonio Lino e Anxo Rey de 2º C por introducirnos ó mundo das treboadas:


E por deixarnos máis claro como funcionan os pararraios!: 




30 marzo 2023

AS XEADAS DE 2ºD - CURSO 22 - 23

Despois de ter o blog algo esquecido durante un tempo, retomamos o tema das XEADAS cos traballos realizados polo alumnado de 2º ESO D, gracias a Miguel Barreiro, Lucas Calvo, María García, Marta Castro, Lucas Comesaña, Gabriel Fraga, Paula Vidal, Jaime Boal, Tomás Rodríguez, Nuno Martínez e Íker Santiso polas súas aportacións



















COMEZAMOS: CURSO 23-24

 Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...