Buscar neste blog

26 xaneiro 2021

Predición Xunqueiroloxica (do 26 ao 29 de Xaneiro)

 Boas tardes Xunqueiriños e Xunqueiriñas!✌👩👦😜

Aquí vos deixamos a previsión meteorolóxica para esta semana 💧💧💧😞. 


Non esquezades traer ao "insti" o paraugas🚶☔🌂 e as botas de auga pois, como vedes, agárdanse precipitacións para toda a semana. Ademais, moito ollo con mollar as máscaras 👀👀, pois poden perder efectividade!!

Sorprenderanos algún raíño de Sol?  ogallá que si 😍😎!!

Déixovos o enlace aos datos de MeteoGalicia para Pontevedra:

https://www.meteogalicia.gal/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action?idZona=36038

Ata a próxima 👋👋, moita saúde 👌😊!!!


23 xaneiro 2021

O tempo e os refráns

Ola a todos e a todas!!! 👩👨👧👦👋👋

Estreamos este blog traballando a conexión entre o tempo e a tradición 😍.

Un refrán ... un refrán ... que é isto?👀👀 Pois de seguro que os tedes usado mesmo sen darvos conta! Pode dicirse que é: "un dito popular, sentencioso e breve, de verdade comprobada, xeralmente simbólico e exposto en forma poética, que conté unha regra, unha conduta ou outra ensinanza".

Quen non escoitou algunha vez un refrán sobre o tempo? ☔🌍🌝🌅 seguro que case todos e todas vós escoitastes algún nalgún momento! Pois iso ... do que se trata é de que lle preguntedes (se non lembrades vós ningún) aos vosos e ás vosas maiores 👴👵 algún dito popular sobre o tempo e o subades, xunto co seu significado, ao blogue "Estación Xunqueirolóxica😊".


Apertas virtuais e moita saúde!! 👋👌🙋😜            

COMEZAMOS: CURSO 23-24

 Xa estamos totalmente inmersos nun novo curso, así que, retomamos o noso blog e que mellor maneira de facelo que coa inminente recollida de...