Buscar neste blog

25 febreiro 2022

07 febreiro 2022

Xeadas 9

Xedadas 8

Xeadas 7

AS XEADAS 

Que son? A xeada é un fenómeno que consiste no descenso inesperado da temperatura ambiente a niveis inferiores a 0ºC e fai que a auga que está no aire se conxele,depositándose en forma de xeo nas superficies. Por que ocorren? Por dúas razóns: 1. Pola ausencia de nubes. 2. Porque a humidade que hai sobre a superficie do chan condénsase e conxélase co frío. Cando xea, aparece a escarcha.

                                    Castrocaldelas, Ourense, 9:00 a.m.  

 

REFRÁNS SOBRE AS XEADAS (2) 

 “Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis” 

En Estados Unidos teñen a tradición do día da marmota (2 de febreiro) para predicir se a primavera chegará axiña ou se o inverno se vai prolongar. En Galicia temos o dito: “Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis” que ven a dicir o mesmo, se na mañá de San Blas (3 de febreiro) hai xeada, quedarán aínda 20 días máis de frío.  

 

“A curuxa de madrugada, vento ou xeada” 

Cando escoitamos cantar a curuxa de noite quere dicir que haberá vento ou xeada, precisamente porque esta ave nocturna sae nas noites frías e despexadas, que son as propicias para que ocorran xeadas. 

Ánxela Mayo Gago, 2º ESO C.

Xeadas 6

Aquí vos deixo unha fotos realizadas polas alumnas de 2º de ESO C Navia, África e María:
A seguinte foto foi realizada nas Marismas de Alba
Esta foi feita na carretera de Chamadoira
esta é das Nogais en Lugo
e esta outra das Marismas de Alba